lunes, 17 de febrero de 2020


 
 
El cartel
 
 
s




Necesidade do contrato

Co fin de garantir a protección e a conservación deste ben, esta consellería, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, quere levar adiante a restauración dos paramentos muráis policromados do testeiro do muro sur do cruceiro do mosteiro de Santa María a Real de Oseira,  para emendar os danos ocasionados polas filtracións dende encontro de cuberta exterior co muro do testeiro norte, pola condensación sobre a superficie polícroma e polas filtracións a través dos vans pola súa falta de estanqueidade.

O paramento mural presenta as seguintes patoloxías:

• Degradación dos aglutinantes (oleosos)

• Recristalización de sales

• Suciedade superficial

• Escamacións, barridos, pulverulencia, abolsados, cazoletas

• Perda da superficie polícroma

Polo que, debido á precariedade conservativa do paramento mural sur do cruceiro, proponse a intervención de restauración co obxecto de recuperar este ámbito de indubidable interese histórico e artístico dentro do conxunto mural da igrexa.

Os traballos necesarios para acadar o obxecto do contrato consisten
, entre outros, na preconsolidación de estratos, desalación, tratamentos contra o biodeterioro, fixación de estratos polícromos, eliminación de repintes, limpeza da superficie e reintegración cromática.



 





OBXECTO DO CONTRATO
Restauración dos paramentos murais policromados do testeiro do muro sur do cruceiro do mosteiro de Santa María a Real de Oseira, concello de San Cristovo de Cea (Ourense)

 



Nivel de protección

Declarado ben de interese cultural coa categoría de monumento histórico pola Real Orde de 12 de abril de 1923, publicada na Gaceta do 24/04/1923 e está protexido polo seu valor cultural ao estar incluído no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia, segundo o que establece a disposición adicional segunda da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG núm. 92 do 16.05.2016).

Código CPA: 74.9 Outros servizos profesionais, científicos e técnicos n.c.o.p.

Código CPV: 45454100-5 Traballos de restauración.


 
Órgano de contratación

Consellería de Cultura e Turismo – Secretaría Xeral Técnica (Orde de delegación de competencias do 21.3.2019, publicada no DOG núm. 63, do 1 de abril de 2019).